O TEATRO EN GRIAL. REVISTA GALEGA DE CULTURA DURANTE A DITADURA (1963-1975)

Laura Tato Fontaíña

Resumo


Grial. Revista Galega de Cultura, da
Editorial Galaxia, iniciou a súa 2ª época en
1963 coa intención de “remover as enerxías
creadoras da espiritualidade galega”. Este
traballo, comeza estudando a situación do
teatro galego nas décadas de posguerra e, a
seguir, a autora realiza o vaciado, estudo e
análise do que publicou Grial sobre ou para o
teatro.
Na revista colaboraron todos/as
os/as intelectuais de preguerra de forma que,
despois de comentar as súas propostas
dramáticas e os modelos escenográficos que
esas xeracións propuñan para a recuperación
do teatro galego, quedará comprobada a
pouca aceptación que as ditas propostas
tiveron entre a xente do teatro da época,
colectivo constituído por mozos e mozas
nados despois da Guerra Española (1936-
1939) que, en moitas ocasións, estaban
vinculados ao activismo político e/ou
abertamente enfrontados á política
exclusivamente cultural dos intelectuais da
Editorial Galaxia.


Texto completo:

PDF

Apontamentos

  • Não há apontamentos.




Signum Revista da ABREM (ISSN 2177-7306) - Associação Brasileira de Estudos Medievais